Germán Riveiro | Novo presidente do CCA Carballo

German Riveiro_Foto do 9º aniversario da súa tenda, Zocas.

  • O presidente saínte, Ricardo Pallas, emitiu un comunicado de agradecemento colectivo, así como un desexo de acerto e apoio á nova directiva.

Este mércores, 26 de maio, tivo lugar a Asemblea Extraodinaria para elección do Presidente/a e demais membros da Xunta Directiva do CCA Carballo.

Resultou elexida, por unanimidade, a seguinte candidatura:

Presidente: Germán Riveiro Bértoa, (Zocas)

Vicepresidenta: Mª Carmen Pacoret Rey (Mmmm! Xeados)

Secretario: José Manuel Vázquez Collazo (Marketing Dixital A Meiga)

Tesoureira: Vanesa Cabeza Bello (Atelier)

Vocais:

Celina Soneira Souto (Ekate)

Vanesa Facal Aguiar (Ganesha)

Xerente: Mª Carmen Freire Areosa

Imaxe da nova directiva do CCA Carballo , na compaña da Xerente da entidade, Mª Carmen Freire Areosa, (1ª pola esquerda).

Carta de despedida do presidente saínte do CCA Carballo, Ricardo Pallas.

Pasaron xa catro anos e…. canto nos tocou vivir!!!.
Quen o pensaría…!!!.
Pero esta directiva nunca parou de traballar, intentando adaptarse e facer as cousas o mellor que soubo. Seguro que tivemos acertos e tamén moitos erros, pero tódalas decisións foron tomadas para intentar que todos saíramos beneficiados.
Graciñas a Elena, Carlos, Diana, Iván, Mari, Súa, Germán e Jorge. Grazas polo voso traballo desinteresado en prol da asociación, e por acompañarme nesta aventura. Aquí tedes de verdade un amigo. Grazas tamén a aquelas personas e entidades que colaboraron e axudaron nas tarefas que había que facer e ás que nós non chegabamos.
Cando no ano 2017 decidimos presentar a nosa candidatura, moita xente ca que falabamos dicía: era mellor que o CCA se disolva. Hoxe seguimos pensando que só co que se invirte en comunicación xa vale a pena, só con beneficiarse dunha das actividades xa resulta productiva e se miramos máis aló simplemente con poder coñercernos entre nós e colaborar debería bastar para formar parte deste grupo, porque ao mellor, moitos non se dan conta de que a unión no noso ámbito só debería producir sinerxias beneficiosas para todos.
Decirvos, que esta directiva traballou arreo, que tiñamos moitas ideas, algunhas das cales se fixeron realidade e outras aínda seguen á espera. A verdade e que fomos algo soberbios de entrada e a realidade das cousas parounos os pés (sempre falando no bo sentido). Os inicios foron duros, e eu como presidente non estiven nese momento á altura como xestor de equipo.
Afortunadamente entre todos, fomos quen de cambiar e adaptarnos para chegar, creo que máis unidos que nunca, ao final deste mandato.
Traballamos moito e moito queda por facer, mais estou seguro que a nova directiva saberá afrontar os novos retos que veñen por diante. Seguro que xurdirán novas ideas, que seguirán potenciando os convenios de vantaxes para vós, que mellorarán as relación con grandes empresas das que tanto precisamos e moitas cousas máis. E deberán afrontar o importante reto da renovación da xestión do propio CCA cun novo formato de xerencia.
A vós, os socios, grazas por estar ahí. Cando empezamos eramos 67, hoxe somos máis de 100.
Noraboa a todos e esperamos seguir contando con vós. Grazas a aqueles que falaron con nós para solucionar erros e aportar solución ou propostas. A vosa participación debe ser a razón de ser deste colectivo, para min familia, que é o CCA.
Por iso insisto en que participedes máis. Sabemos que non serán doados os reto que todos temos por diante a curto prazo, pero se facemos ese camiño xuntos, asegúrovos que será máis lixeiro. Debemos todos aportar máis e aumentar as relacións entre nós, porque estou convencido que é a mellor maneira de dar a imaxe que todos queremos, a dun comercio local referente na provincia.
Ás veces a innovación está en cousas moi sinxelas e gustaríame que profundizarades neso. A atención ao cliente debe ser a nosa enseña, e o coidado da imaxe, e os servizos. Os nosos escaparates, as nosas tendas, o noso persoal, a importancia do ticket de compra, valorade a posibilidade da devolución en metálico que na mayoría dos casos é moi beneficiosa… son pequenas cousas ao alcance de todos e que sumaría de xeito importante para a imaxe de profesionalidade que pretendemos exportar para que a xente veña e quede en Carballo.
Remato agradecendo públicamente o apoio das administracións, porque aínda que ás veces se cadra non pensamos igual, nunca faltou a súa axuda e o diálogo: Concello de Carballo, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia, así como empresas que colaboraron con nós. Grazas a todos.
Aquí remata o tempo desta directiva, e aquí remata o meu tempo como presidente. Quédome con haber podido axudarvos en algo, coñecer a moita xente que non coñecía e simplemente espero, que me vexades como o que son: un compañeiro máis socio do CCA.
Grazas a todos.
Ricardo Pallas Osinde.