Germán Rodríguez Conchado, ex conselleiro e asesor xurídico do Deportivo, esixiu na Xunta de Accionistas a disolución do Deportivo por cesar o exercicio das actividades que constitúen o obxectivo social. Conchado foi un dos participantes na quenda de palabra. Así foi como lle rogou ao notario que «a miña intervención, na parte na que me dirixo aos Conselleiros, sexa recollida literalmente na acta da Xunta». Conchado advertiu, «neste acto e neste momento, requírolles para que procedan a convocar a Xunta Xeral no prazo de dous meses para que se adopte o acordo de disolución. Advírtolles de que no caso de non proceder a convocar a Xunta Xeral para adaptala, que non se celebre ou adopte acordo de disolución, procederei a instar a disolución ante o xuíz do mercantil conforme establece o artigo 366 da repetida lei».
34