Giorgia Meloni xura como nova primeira ministra de Italia


A líder dos ultradereitistas Irmáns de Italia, GiorgiaMeloni, xurou este sábado o cargo de nova primeira ministra, a primeira muller nese cargo da historia do país, nunha cerimonia oficial ante o xefe do Estado, Sergio Mattarella. “Xuro ser fiel á República, cumprir lealmente a Constitución e as leis e exercer o meu mandato e as miñas funcións no interese exclusivo da nación”, pronunciou ante o xefe do Estado, no Salón das Festas do romano Palacio do Quirinal. Acto seguido fixérono o resto dos seus 24 ministros. A cerimonia contou tamén cos familiares dos membros do novo Goberno e en primeira fila púidose ver á parella de Meloni, o xornalista Andrea Giambruno, e a filla de ambos, Ginevra, de 5 anos. Os líderes das institucións europeas felicitaron a GiorgiaMeloni tras converterse na nova primeira ministra italiana, e encomendárona a unha “cooperación construtiva” e a “traballar xuntos” para “superar os retos” da UE.