As entidades locais de Vimianzo, máis preparadas para comunicarse telematicamente coa Administración

CEDIDA
  • Máis información: o goberno local tamén amosa a súa satisfacción ante a boa acollida das escolas deportivas e culturais

O pasado 03 de outubro de 2019, o Concello de Vimianzo convocou ás asociacións locais a unha charla formativa organizada polo programa Pel-Concello Dixital, un proxecto da Deputación da Coruña no que colabora o propio concello.

A formación, que tivo lugar na Aula CeMIT da Casa da Cultura e á que asistiron un total de 13 membros de distintas asociacións do municipio, foi impartida por Laura Pérez, axente dinamizadora dixital da Deputación de A Coruña.

Esta sesión formativa abordou os distintos métodos de identificación necesarios para relacionarse telemáticamente coas Administracións Públicas, vía pola cal as asociacións están na obriga de comunicarse e facer todos os trámites administrativos, motivo polo cal a charla estaba orientada precisamente a este sector.

Por outro lado, os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer un pouco máis a Sede Electrónica do Concello de Vimianzo e todas as súas posibilidades, así como ver a realización de distintos procedementos de interese para asociacións como son os trámites da solicitude de subvencións ou como firmar documentos virtualmente coa autofirma.

Escolas deportivas e culturais para o curso 2019-2020

Rematado o período de inscrición son máis de 800 inscritos nas diferentes escolas culturais e superan os 700 inscritos nas escolas deportivas, polo que o goberno local amosou o seu contento ante tanta participación.

A partir de luns 7 de setembro comezan as diferentes escolas en Vimianzo e nas diferentes parroquias que continuarán o curso ata o 30 de maio de 2020.

Máis información en www.vimianzo.gal