- O rapaz, de 22 años, non contactou con familiares nin amigos desde o pasado 30 de maio
Álex Mouzo Díaz, natural de O Pindo, no concello de Carnota, leva desaparecido desde o xoves 30 de maio. Foi visto por última vez en Santiago de Compostela, ciuda na que estudaba, durante as festas da Ascención.
Álex, de 22 años, mide 1.80 cm., ten o pelo moreno, ollos castaños e media perilla.
A súa familia xa alertou ás autoridades e esperan a colaboración cidadá.