España: Sanidade lanza unha alerta internacional pola listeriose

Pixabay

O Ministerio de Sanidade español lanzou unha alerta a nivel internacional polo brote de listeriose que se orixinou en Andalucía e que actualmente mantén no hospital a unhas 150 persoas.

Desde a institución aconsellan a quen teña produtos da marca «La Mechá» (marca desde a que se iniciou o brote) que se absteñan de consumilos e no caso de facelo, que acudan ao médico se presentan algún síntoma inusual.

A ministra en funcións, María Luisa Carcedo, explicou que «a orixe do brote está na fábrica» da empresa Magrudis, situada en Sevilla e o lugar onde se elaborou a carne mechada, coa que se contaminaron polo menos 150 persoas.

Carcedo explicou que «o que hai investigar agora é en que fase do proceso de elaboración deste alimento produciuse a contaminación», pero incidiu na idea de que a fábrica está clausurada e que se retiraron da venda o resto de produtos que nela se producían, ao poder producirse contaminación cruzada.

A Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aesan), dependente do Ministerio de Sanidade, informou a través da súa páxina web de que xa trasladaron unha notificación con esta alerta ao Sistema de Alerta Rápida de Alimentos e Pensos da Unión Europea ( RASFF).

Por agora hai polo menos 150 os casos confirmados -a maioría en Andalucía-, tras consumir a carne contaminada, pero hai outros 500 que se están estudando, seis deles na Comunidade de Madrid.

O Ministerio de Sanidade, na súa conta oficial de Twitter, puxo a disposición do interesado un documento no que se detallan os últimos datos sobre esta propagación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha