Julian Assange, detido en Londres

Imaxe capturada dun vídeo emitido por Euronews. Dereitos de autor: REUTERS / Peter Nicholls

  • Julian Assange, fundador de Wikileaks, foi detido este xoves na Embaixada ecuatoriana en Londres

A Policía Metropolitana arrestou a Assange despois de que Ecuador lle retirara o asilo, segundo comunicou Scotland Yard. O fundador de Wikileaks levaba dende agosto do 2012 na sede diplomática de Knigthsbridge, e solicitáralle á Ecuador o asilo político, despois de que a xustiza de Suecia o reclamara por unha suposta violación e abusos sexuais.

A semana pasada, Wikileaks xa anticipara as novas sobre a inminente saída de Assange da embaixada, pois fixérase público que o presidente ecuatoriano, Lenin Moreno, lle retirara o asilo por «repetidas violacións das convencións internacionais».

O presidente de Ecuador, Lenin Moreno, en Twitter

Nun principio, a policía informou que a detención de Assange respondía á violación da fianza que lle impuxeran as autoridades británicas en xuño do 2012, cando o acusado non se presentara ante o xuíz; pero máis tarde confirmouse que a detención responde á unha petición dos Estados Unidos.

O presidente de Ecuador asegurou que lle solicitara á Reino Unido a garantía de que Assange non sería extraditado a un país no que poidera ser torturado ou condenado á morte, como pasa nos Estados Unidos (EEUU), ao que Reino Unido respondera afirmativamente por escrito. De ser extraditado a EEUU, o fundador de Wikileaks tería que render contas polas filtracións da súa empresa sobre as guerras de Afganistán e Irak, así como polos correos electrónicos da Secretaría do Estado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha