Luís César, novo adestrador do Deportivo

Luís Anxo César Sampedro (Vilagarcía de Arousa, 3 de maio de 1966) converteuse este luns no novo adestrador do Real Club Deportivo. O técnico pontevedrés iniciou a súa carreira de adestrador no Racing de Ferrol, pouco despois de colgar as luvas no conxunto departamental, dirixindo ao equipo ferrolán durante catro tempadas (176 partidos). Tras o do Racing ocupou os bancos do Nàstic de Tarragona (en dúas etapas, superando o centenar de partidos, do mesmo xeito que no Albacete), Polideportivo Exido, Alcoyano, Albacete, CD Lugo e Real Valladolid. A pasada tempada dirixiu ao CD Tenerife os 4 últimos partidos de Liga, conseguindo a permanencia dos insulares en LaLiga SmartBank.