Máis de 200 actividades forman o programa do San Froilán 2019

  • O sábado 12 estrease Electronic Lucus Fest. Coas actuacións de: Dj Frisco & Marcos Peón, Manu Chady, Galician Army, Jako Rove e Miguel Palacios na praza da Soidade.

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou o programa desta edición do San Froilán “que inclúe máis de 200 actividades dirixidas a todos os gustos e franxas de idade”. Maite Ferreiro indicou que das máis de 200 actividades, 170 serán actuacións musicais repartidas entre todos os días de festa, destacando o domingo das mozas con 31 actuacións e o sábado 5 con 25.

A programación oficial arrincou este domingo cunha sesión vermú na praza Agro do Rolo. O “Quentando Motores para o San Froilán” contou con Rachel & The Blue Batons e Malditos Pendejos.

Maite Ferreiro anunciou que esta é a edición “máis social” do San Froilán. Na edición deste ano triplicaranse os puntos lilas, onde especialistas en materia de igualdade traballarán en informar, concienciar e dar pautas para evitar situacións de acoso e violencia machista, e proporcionarán apoio, refuxio e asesoramento no caso de que acontezan. Ademais, por primeira vez contarase cun posto antirruido, en colaboración coa asociación Raiolas Lugo, para que nenos e nenas con TEA e TCS poidan desfrutar das festas.

Artistas invitados.