Pedro Sánchez corta as negociacións con Podemos, e culpa a Iglesias desta situación

Pedro Sánchez

  • Critica que o líder de Podemos excluíra da consulta a oferta de Sánchez de incorporar ministros «técnicos»

Este luns Pedro Sánchez courtou definitivamente as negociacións con Pablo Iglesias e acusouno de ser o culpable de romper os tratados de xeito unilateral ao convocar unha consulta que ao seu parecer está trucada.

Sánchez aclarou nunha entrevista que non había marcha atrás, e que todo isto é unha mascarada de Pablo Iglesias para xustificar a súa negativa á investidura do líder do PSOE como presidente do goberno español.

Asegura que «é a primeira vez que se fai na historia da democracia unha oferta así a un partido que representa a cuarta forza política no noso país, que retrocedeu en escanos e en millóns de votos, e dime que non. Non só me di que non, senón que descualificou a proposta tachándoa de idiotez». Este calificativo vai en relación á consulta de Iglesias na que non incluíu a oferta de Pedro Sánchez de sentar no Consello de Ministros a xente cualificada de Podemos como ministros técnicos.

Durante a entrevista tamén se lle preguntou se contemplaba a abstención de ERC e JxCat, e Sánchez limitouse a dicir que lle parecía «curioso, contraditorio e paradóxico» que o Partido Popular e Ciudadanos voten «non» á súa investidura, pero que exista a posibilidade de que os partidos independentistas vaian ao seu favor.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha