Xa hai sentenza do “procés”

  • Junqueras condenado a 13 anos de cárcere e Forcadell a 11, ademáis a sentenza inclúe penas de 12 anos para Romeva, Turull e Bassa; 10 para Forn e Rull, e 9 para os Jordis.

O Tribunal Supremo condenou pola causa do procés a Oriol Junqueras a 13 anos de prisión e a 13 de inhabilitación absoluta; a Raúl Romeva, Jordi Turull e Dolors Bassa ás penas de 12 anos de prisión e 12 de inhabilitación absoluta, nos catro casos por delito de sedición en concurso medial cun delito de malversación de fondos públicos agravado en razón da súa cuantía.

Así mesmo, condena polo delito de sedición a Carme Forcadell ás penas de 11 anos e 6 meses de prisión e igual tempo de inhabilitación absoluta; a Joaquim Forn e Josep Rull ás penas de 10 anos e 6 meses de prisión e 10 anos e 6 meses de inhabilitación absoluta; e a Jordi Sánchez e Jordi Cuixart ás penas de 9 anos de prisión e 9 anos de inhabilitación absoluta.

En canto a Santiago Vila, Meritxell Borràs e Carles Mundó, condena a cada un deles como autores dun delito de desobediencia ás penas de 10 meses de multa, cunha cota diaria de 200 euros, e un 1 ano e 8 meses de inhabilitación especial.

A sentenza absolve os acusados Joaquim Forn, Josep Rull, Santiago Vila, Meritxell Borràs e Carles Mundó do delito de malversación.