Goberno e Cs alcanzan un acordo para ampliar o estado de alarma

1 minutes read

O Goberno e Cs alcanzaron un acordo para que o estado de alarma continúe polo menos quince días máis, na súa cuarta prórroga, e se aseguren as medidas de protección nos ámbitos sanitario, económico e social. Tanto o Goberno como Cs difundiron senllos comunicados co mesmo texto para anunciar o acordo, que se produce na véspera de que o Congreso vote se autoriza a cuarta prórroga ata o 24 de maio.

O si cos dez deputados de Cs deixa moi encamiña a continuidade do estado de alarma. A suma dos votos a favor xa anunciados (PSOE, Unidas Podemos, Cs, Más País e Compromís) alcanza xa os 168 escanos, o que fai que a posición do PNV sexa decisiva no caso de que o PP se decante polo non. Se así fose, unha abstención dos nacionalistas vascos xa podería bastar para a autorización da cuarta prórroga, aínda que cunha marxe moi escasa.

Coinciden as partes en que o estado de alarma é «un mecanismo constitucional que debe prolongarse só polo tempo estritamente necesario». Por iso, nos diálogos que manteñan, Goberno e Cs estudarán «as medidas necesarias para seguir protexendo aos españois no ámbito sanitario, económico e social» mesmo «cando conclúa a súa aplicación».