A Federación Española de Municipios e Provincias -FEMP- e os ministerios de Sanidade e Política Territorial celebrarán encontros frecuentes para articular a acción coordinada en saúde pública. O acordo, adoptado este mércores nunha reunión de traballo dos tres equipos, puxo de relevo o papel local durante todos os meses de pandemia e a importancia da colaboración interadministrativa na aplicación e seguimento das medidas fronte o Covid-19. O presidente da FEMP, Abel Caballero, reuniuse tamén co ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, un encontro de traballo no que se están estudando asuntos que teñen que ver co ámbito xudicial e os concellos, entre outros, a posibilidade de impulsar a capilaridade local da xustiza, o que supoñería, por exemplo, que os xulgados de paz transformaríanse en “oficinas de xustiza do municipio”, unha cuestión que podería resultar de especial relevancia para os pequenos municipios.
37