Goberno e sindicatos acordan aumentar a cotización para garantir as pensións

1 minutes read

O Goberno chegou a un acordo cos sindicatos para aumentar a cotización co obxectivo de garantir as pensións, un pacto do que se descolgou a patronal. O mecanismo de equidade interxeracional (MEI) acordado entre o Ministerio de Inclusión e Seguridade Social cos sindicatos UXT e CC. OO. establece que a partir de 2023 e ao longo dun período de dez anos se fíxe unha cotización adicional dun 0,6 % para nutrir o Fondo de Reserva da Seguridade Social. A maioría, o 0,5 %, corresponderá á empresa e un 0,1% ao traballador. Deste xeito, o Goberno prevé ampliar a hucha das pensións nuns 50.000 millóns de euros para 2032, cando actualmente conta con pouco máis de 2.100 millóns de euros. Tras o acordo, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, asegurou que este servirá para «blindar» o sistema público de pensións, «unha ferramenta indispensable» nunha sociedade «máis xusta e igualitaria».