Goberno e sindicatos pactan subir o salario mínimo ata os 1.080 euros


Foi o propio Pedro Sánchez o que anunciou o acordo no Senado. O pacto pechouse en dúas reunións entre o Ministerio de Traballo e os sindicatos, coa ausencia da patronal. A suba supón 344 euros máis cada mes para máis de dous millóns de traballadores en España, especialmente mulleres e mozos, que son os que menos cobran. Segundo os sindicatos, axudará a combater a fenda salarial e a reactivar a economía. Para a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, a nova suba do salario mínimo é un obxectivo máis cumprido polo Goberno de coalición. A suba do salario mínimo ata os 1.080 euros aprobarase probablemente no Consello de Ministros do 14 de febreiro, pero terá carácter retroactivo. Vaise cobrar desde o un de xaneiro e en 14 pagas. Tanto a ministra como os sindicatos afearon a ausencia da patronal nas negociacións.