Goberno e Xunta acordan reforzar a seguridade na xornada electoral


Este luns reuníronse o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nun encontro telemático no que abordaron a cuestión de seguridade. En 2016, o despregamento de seguridade contou con 6.197 axentes da Policía Nacional (2.275) e da Garda Civil (3.917), aos que se sumaron 813 integrantes das policías locais de toda Galicia. Con motivo da reunión deste luns, o representante do Executivo central puxo a disposición da Administración autonómica, que é a institución que organiza os comicios, as forzas e corpos de seguridade para “garantir a xornada electoral” do 12 de xullo. Tras o encontro, o vicepresidente autonómico sinalou que os membros da Policía Nacional, Garda Civil e policías locais dos concellos que se integran no operativo, que coordina a Delegación do Goberno, “axudarán a comprobar que se están cumprindo as medidas preventivas” recollidas no protocolo sanitario elaborado pola Xunta para o 12 de xullo.

Declaracións do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.