Goberno e Xunta acordan reforzar a seguridade na xornada electoral

Este luns reuníronse o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nun encontro telemático no que abordaron a cuestión de seguridade. En 2016, o despregamento de seguridade contou con 6.197 axentes da Policía Nacional (2.275) e da Garda Civil (3.917), aos que se sumaron 813 integrantes das policías locais de toda Galicia. Con motivo da reunión deste luns, o representante do Executivo central puxo a disposición da Administración autonómica, que é a institución que organiza os comicios, as forzas e corpos de seguridade para «garantir a xornada electoral» do 12 de xullo. Tras o encontro, o vicepresidente autonómico sinalou que os membros da Policía Nacional, Garda Civil e policías locais dos concellos que se integran no operativo, que coordina a Delegación do Goberno, «axudarán a comprobar que se están cumprindo as medidas preventivas» recollidas no protocolo sanitario elaborado pola Xunta para o 12 de xullo.

Declaracións do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha