Goberno e Xunta anuncian que se Alcoa non cede recorrerán á vía xurídica para frear o ERE


O Goberno de España e a Xunta de Galicia anunciaron este martes que se Alcoa non cede na venda da fábrica de San Cibrao recorrerán á vía xurídica para frear o ERE.

As dúas administracións coinciden en esixirlle á empresa que devolva todas as axudas recibidas se aplica os despedimentos.

Reyes Maroto, ministra de Industria afirmou que: “Estamos traballando coa Xunta de Galicia para esixirlle a Alcoa a xustificación do cumprimento da lexislación laboral e mediambiental. E en caso de que existe evidencia de incumprimento ímoslle solicitar que devolva todas as axudas públcias que recibiu”.

Francisco Conde, vicepresidente da Xunta dixo que: “Se houbese unha decisión de Alcoa de presentar un ere automaticamente responderemos pola vía xudicial para defender os postos de traballo”.