Goberno e Xunta anuncian que se Alcoa non cede recorrerán á vía xurídica para frear o ERE

O Goberno de España e a Xunta de Galicia anunciaron este martes que se Alcoa non cede na venda da fábrica de San Cibrao recorrerán á vía xurídica para frear o ERE.

As dúas administracións coinciden en esixirlle á empresa que devolva todas as axudas recibidas se aplica os despedimentos.

Reyes Maroto, ministra de Industria afirmou que: «Estamos traballando coa Xunta de Galicia para esixirlle a Alcoa a xustificación do cumprimento da lexislación laboral e mediambiental. E en caso de que existe evidencia de incumprimento ímoslle solicitar que devolva todas as axudas públcias que recibiu».

Francisco Conde, vicepresidente da Xunta dixo que: «Se houbese unha decisión de Alcoa de presentar un ere automaticamente responderemos pola vía xudicial para defender os postos de traballo».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha