34
José Ramón Gómez Besteiro, destacado líder socialista e tamén delegado do Goberno en Galicia, visita este luns a Costa da Morte para apoiar a candidatos do seu partido a diferentes alcaldías da zona. A primeira parada será diante da Capela do Pilar en Suxo, Muxía, xunto co alcalde e candidato, Iago Toba. Xa a partir das 14:15 horas manterá diferentes encontros cos candidatos de Cee e Dumbría. Besteiro alertaba esta pasada semana do “retraso importante” nos proxectos asumidos polo goberno galego con cargo aos fondos de Recuperación entregados polo Estrado, en contraste coa execución “máis rápida e máis eficiente” por parte dos concellos e das deputacións.