O Grupo Socialista Europeo designou a González Casares como relator para a reforma do mercado eléctrico da UE. O político socialista expresou o seu agradecemento e asegurou sentirse «moi orgulloso e cargado dunha gran responsabilidade que o grupo socialista puxo en min».
A proposta da Comisión Europea para a reforma do mercado eléctrico da UE non é suficiente, segundo González Casares. «Necesitamos unha reforma máis ambiciosa que a proposta pola Comisión», afirma o eurodeputado socialista.
González Casares asegurou que os consumidores e as pemes estarán no centro da súa proposta: «Todos somos conscientes de que os vaivéns nos prezos da electricidade afectan as familias e ás empresas. A volatilidade hai que reducila”.
A reforma enfócase na transición enerxética e na electrificación. Busca impulsar as enerxías renovables, que á súa vez promoven a independencia dos combustibles fósiis responsables do quecemento global e estreitamente relacionados con tensións xeopolíticas.
González Casares espera que a reforma se faga o máis rápido posible, pero sen roubar espazo ao debate. «A finais deste ano ou a principios do seguinte debería estar pechada», dixo o político.
A presidencia española no Consello durante o segundo semestre e un relator español no Parlamento garanten que as sensibilidades do noso país estarán representadas en ambos os colegisladores.
26