O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse na sede da institución provincial co cónsul xeral de Uruguay en Galicia, Ramiro Rodríguez Baucero.
Na reunión abordaron a situación da emigración galega no país sudamericano, así como cuestións que afectan aos cidadáns uruguaios residentes en Galicia.
Ambos subliñaron os fortes vínculos que unen a Uruguay e a Galicia a través da emigración, así como os estreitos lazos de colaboración que dende hai moitos anos unen á institución provincial con entidades de referencia para a diáspora galega no país coma o Hogar Español de Montevideo ou o Padroado da Cultura Galega, tamén na capital uruguaia.
Máis de 40.000 galegos residen actualmente en Uruguay, mentres que algo máis de 2.000 cidadáns uruguaios viven en Galicia, a metade deles na provincia da Coruña.