O presidente da Deputación da Coruña lembra que «son moitos» os servizos autonómicos que están sendo asumidos polas entidades locais e urxe a activar a súa transferencia á Xunta
Cita como exemplo que máis do 5% do orzamento da Deputación (9,5 millóns de euros) destinarase a manter centros educativos e centros de menores, pese a que son competencia exclusiva da administración autonómica
Presentou ante a Comisión de Economía do Parlamento de Galicia o orzamento da Deputación para 2020, que ascenderá a 184 millóns de euros, un 0,22% máis que no presente ano
O Plan Único, cunha consignación incial de 47,2 millóns de euros, as obras de mellora na rede de estradas (14,7 millóns) e o Plan de Emprego Local (10,6 millóns) destacan entre os programas de investimentos