Este sábado reuniuse a Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG. Nela decidiuse que o Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asuma a portavocía do seu grupo parlamentario no que queda de lexislatura. Nesa reunión o partido tamén marcou a folla de ruta a nivel organizativo e programático para os vindeiros meses de cara ás eleccións autonómicas do vindeiro ano 2020.