Gonzalo Caballero | «A Xunta usa unha política desleal coas vacinas para tapar outras carencias»

0 minutes read

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, lamentou este mércores que a Xunta sexa “un goberno zombi, que non ten propostas pactadas para os fondos europeos, que non dá respostas ás crises industriais que afectan ao país e que ten á sanidade galega metida na UCI con listas de espera inasumibles”. O Goberno de Feijóo usa a confrontación desleal e ruín coas vacinas para tapar listas de espera de ata 26 días en Atención Primaria: “As políticas do PP están atacando duramente á sanidade pública galega”, sentenciou.