Gonzalo Caballero aborda co alcalde de Vigo as relacións coa Xunta

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou Vigo en compañía do alcalde, Abel Caballero, para abordar as relacións da Xunta co municipalismo e concretamente os compromisos pendentes da Xunta coa cidade olívica. O líder do PSdeG advertiu de que “a Xunta non pode enfrontar a reactivación económica de Galicia sen contar coas grandes cidades”. “A Xunta ten que chegar a acordos coas cidades e coa Fegamp, porque a reactivación ten que facerse contando coa Galicia máis vangardista, innovadora e dinámica”, subliñou. Asimesmo, denunciou que Feijóo “dá as costas a Vigo e ás cidades galegas”.

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, agradeceu este encontro co líder socialista para abordar cuestións sobre as que “charlamos moito con asiduidade” e que “Gonzalo coñece perfectamente porque está é a súa cidade, na que vive”. Logo de que Gonzalo Caballero apuntara que esta semana o grupo socialista levará ao Parlamento a reclamación dun IES para o barrio vigués de Navia, o rexedor da cidade olívica criticou a “ausencia” e a “desatención tremenda” da Xunta con Vigo.