Gonzalo Caballero afirma que «O PP xa non conecta cos galegos»

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, afirmou este sábado que as eleccións xerais e municipais amosaron que en Galicia hai xa unha maioría social polo cambio. Segundo Caballero, a Xunta de Feijóo fracasou nos principais retos do país e os socialistas están en condicións de encabezar o goberno que a substitúa.  

Ante os dous socialistas que chegaron a presidir o goberno galego, Caballero dixo que a de Feijóo é a Xunta dos recortes no Estado de benestar, da asfixia intelectual e do devalo demográfico. O Partido Popular xa non conecta cos galegos, dixo Caballero, que se postula como cabeza da alternativa. Sinalou: «Estamos en condicións de darlle a Galicia o mellor goberno para a prosperidade cando Feijóo queira convocar as eleccións autonómicas en Galicia».

Segundo Caballero, a socialdemocracia é o mellor freo para a ultradereita e o populismo en España e en Europa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha