Gonzalo Caballero agradece o labor dos sanitarios tras recibir a primeira dose da vacina de Pfizer

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, recibiu este xoves a primeira dose da vacina contra a covid. Ás portas do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), destacou o “éxito” da estratexia de vacinación e o traballo dos e das profesionais sanitarios.

“Son de 1975, teño 46 anos e correspondíame vacinarme hoxe en Vigo”, subliñou o máximo dirixente do socialismo galego.

Nese contexto, Gonzalo Caballero enfatizou que “o 2020 foi o ano da chegada da covid e o 2021 está sendo o ano da vacinación”, e subliñou que a receita “vacinación, vacinación, vacinación” é “a mellor garantía para gañarlle á batalla ao virus” e tamén “para poder reactivar a nosa economía, a nosa sociedade e volver á nova normalidade”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha