Gonzalo Caballero anuncia que entrará no Parlamento galego, logo das municipais


O secretario xeral dos socialistas galegos aproveitou a celebración do Comité Nacional do seu partido, en Santiago, para facer este anuncio.

Tamén instou á mobilización absoluta da cidadanía e dos votantes contra a dereita, para que, dixo, non volva ocorrer o que pasou en Andalucía e por que, advertiu, cada voto conta.

Gonzalo Caballero, Secretario xeral do PSdeG-PSOE: “Non podemos perder un minuto en trasladarlle á cidadanía que este é un momento crucial no que nos xogamos o futuro do país e da sociedade na que vivimos. Que por un voto, se pode decidir un goberno; que por un voto, podemos abrir as portas a dereita e á ultradereita en España”.