Gonzalo Caballero apoia unha abarrotada presentación da candidatura local do PSOE de Vimianzo

Abriu o acto a secretaria xeral do PSOE local Paula Mouzo, que puxo o público en pé lembrando as desfeitas xudiciais do actual alcalde. Acto seguido o presidente provincial do partido e alcalde de Dumbría José Manuel Pequeño, enumerou a cantidade de obras levadas a cabo en Vimianzo baixo mandato socialista, coa pena dos últimos dez anos perdidos, deulle paso a candidata ao Congreso por A Coruña Pilar Cancela, quen subliñou que comenza unha etapa decisiva para Vimianzo, para Galicia e para España, e que o PSOE está preparado para gobernar, ten proxecto, equipo e gañas de traballar, dixo Cancela, antes de darlle paso ao secretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero.

Caballero, interveu antes da presentación de Mónica Rodríguez como candidata á alcaldía de Vimianzo, a que definiu como una muller “comprometida e preparada” para  “dar unha nova etapa de futuro” á vila.

Encarna, como dixo o líder do PSOE galego ante unha Casa da Cultura ateigada, a capacidade dos socialistas de “transformar” este concello e conquerir “avances”. Tivo ademais palabras para a súa candidatura, un equipo “magnífico” que “representa o mellor de Vimianzo”.

“Tendes”, díxolles Gonzalo Caballero, “o reto de percorrer cada lugar e cada parroquia” para que “non quede ningún veciño sen escoitar a vosa voz” e sen saber que “pedides para darlle o mellor futuro” a Vimianzo.

Tampouco se esqueceu o máximo dirixente dos socialistas galegos de facer unha chamada á mobilización de cara as eleccións xerais do vindeiro 28 de abril, pois “un voto pode decidir un goberno” e dar como resultado “un retroceso de anos” nos avances conseguidos.

“Non podemos permitir que ningún voto progresista quede na casa”, recalcou Gonzalo Caballero, quen apelou a “poñer freo á dereita que virou cara a ultradereita” e que, baixo o mando de Aznar, quere poñer en risco os dereitos e liberdades que existen.

É por iso que, como prognosticou, a dereita terá “un retroceso histórico” fronte á ilusión que xera o goberno liderado polo PSOE de Pedro Sánchez, que “goberna para a maioría” facendo posible a suba das pensións e do salario mínimo ou poñendo en marcha plans de emprego para a mocidade.

Dito isto, Gonzalo Caballero lamentou que tamén en Galicia o PP presenta eivas que repercuten negativamente na calidade de vida dos cidadáns, unha cuestión que exemplificou cos recortes na sanidade: “hoxe temos menos persoal sanitario e menos camas de hospital”.

“Queremos un novo rumbo para Galicia”, manifestou o secretario xeral do PSdeG, despois de preguntar se alguén podía citar “tres medidas de Feijóo que foran positivas para os galegos” nos 10 anos que leva gobernando. Ante o silenzo, vaticinou que “ao igual que puxemos fin ao ciclo de Mariano Rajoy, porémosllo tamén ao de Feijóo cando queira convocar as eleccións” autonómicas. Deste xeito deulle paso a candidata a alcaldía de Vimianzo Mónica Rodriguez.

Tras os agradecementos aos presentes, Mónica Rodriguez quixo ter un recoñecemento especial aos compoñentes da sua lista, e a Paula Mouzo en particular, unha lista que definiu como equilibrada e comprometida coas 14 parroquias do concello. O mellor equipo que pode gobernar Vimianzo e situalo a cabeceira da comarca. «E hora de deixar atrás o lobo enmascarado que ten o concello paralizado». Criticou a falta de mantemento das infraestructuras, a obra da casa da cultura de Baiñas sen rematar dende o 2011 e o derrubo dunha vivenda que podía ter outra solución. Iso Vimianzo nón o merece, dixo Mónica. Pediu a cidadanía que amose as suas inquedanzas para crear o mellor programa e pechou a sua intervención co lema «Por un Vimianzo unido conto convosco, contade connosco».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha