Gonzalo Caballero califica de gravísimas as mentiras do PP sobre o Goberno de España

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou este mércores Fitur, onde puxo en valor a importancia do turismo para Galicia e chamou a desenvolvelo para que sexa “un sector de futuro” que contribúa a “revitalizar” a economía galega.

Dende a feira, o líder dos socialistas galegos requiriu a Feijóo que aclare o “uso partidista” da conta oficial de Turismo de Galicia.

“Utilizan as institucións públicas para a confrontación co goberno de España”, denunciou Gonzalo Caballero, despois de que dende a conta de Twitter de Turismo de Galicia se redifundisen as mentiras de Miguel Tellado sobre o goberno presidido por Pedro Sánchez. “É gravísimo”, concluíu.

Tweet Tellado.