Gonzalo Caballero chama a mobilización masiva para que Sánchez saia reforzado

1 minutes read
  • O secretario xeral do PSdeG advirte dunha dereita “manexada dende a sombra por Aznar e dende fóra do PP por Abascal e Vox”.

Gonzalo Caballero insistiu este venres na importancia de mobilizar ao electorado progresista o 10 de novembro para que Pedro Sánchez poida saír reforzado. Un PSOE forte, dixo, é a única alterantiva á situación de bloqueo político que padeceu España nos ultimos meses.       

O máximo dirixente do PSdeG advertiu de que “o voto ao PP é un voto que pon en risco o estado do benestar, o estado das autonomías, os avances na igualdade real entre homes e mulleres e a modernidade” á vista do seu “xiro ultraconservador” e de que sería “un monicreque” en mans de Abascal. “Non podemos levar un susto o 10 de novembro”, sinalou.