O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, aludiu á situación de Galicia nesta terceira onda da covid para sinalar que, pese á caída no número de contaxios, a presión hospitalaria e nas camas UCI está aínda en niveis “moi altos”, polo que cómpre “ser cautos” e seguir as indicacións do comité clínico na desescalada das medidas. “Todos estamos desexando a desescalada, pero é prioritario protexer á xente e a saúde”, subliñou o líder do PSdeG. Así, Gonzalo Caballero fixo fincapé en que o peche total da hostalería, a cultura e o deporte en Galicia, xunto co recorte no horario dos comercios e o peche perimetral de cada un dos concellos o pasado 26 de xaneiro, foi “a rectificación” da Xunta tras o fracaso da estratexia “salvar o Nadal”, e criticou que as novas restricións non levaran aparelladas axudas para os negocios afectados.
28