Gonzalo Caballero chama a un “gran acordo” por unha estratexia de dixitalización de Galicia


O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) para coñecer de preto a actividade deste organismo da USC e reflexionar sobre “a Galicia que queremos no futuro”.

“Galicia ten recursos e capacidade para desenvolver unha estratexia dixital que nos faga estar á vangarda do emprendemento, do futuro, da tecnoloxía, e non sempre atrasados cunha fenda dixital que nos pon á cola de España e de Europa”, aseverou.

Caballero pediu ao goberno galego que “traballe por un gran acordo” no que se aposte pola intelixencia artificial (IA) como “mecanismo de competitividade e modernización de Galicia”, xa que o noso país “ten potencial para gañar os retos dun futuro dixital” que conte con computación avanzada, tecnoloxías intelixentes ou robots persoais, polo que instou a aproveitar os fondos europeos Next Generation para “optar a grandes recursos que reactiven noso país e traballen por esa Galicia dixital”.