42
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, manifestou este domingo o seu apoio á decisión do Goberno de España de reforzar o confinamento durante as próximas dúas semanas para loitar contra a propagación do coronavirus, e fixo fincapé na importancia de reforzar o sistema público de sanidade para atender ás persoas contaxiadas polo Covid-19, así como de ofrecer solucións que palíen as consecuencias negativas da pandemia. Ademais chamou á Xunta a situarse a carón do Goberno de España “con lealdade” para vencer ao virus. “As persoas son a prioridade e o goberno de España só permitirá actividades esenciais nas próximas dúas semanas”.