Gonzalo Caballero chama á Xunta a tomar medidas na “lexislatura da protección da xente”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, trasladoulle ao secretario xeral de UXT, José Antonio Gómez, que na lexislatura que ten que ser “a da protección da xente” é preciso que a Xunta poña en marcha medidas que “defendan os dereitos dos traballadores” e que “xeren emprego”, como vía para dar “oportunidades” aos galegos e ás galegas. Nun escenario “incerto” por mor da crise derivada da covid, o líder do PSdeG incidiu en que cómpre tamén desenvolver políticas de formación e de fomento da actividade industrial en Galicia. Do mesmo xeito, recalcou a importancia de “defender ás mulleres e á xente nova”, por seren dous dos colectivos máis afectados nun contexto de dificultades económicas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha