O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, chamou este mércores a unha “mobilización masiva” que lle permita encabezar un goberno de progreso na Xunta “que atenda ás necesidades do país”. Enfronte situou a un Feijóo “descolocado e pendente da súa operación política persoal para colocarse en Madrid en vez de estar pendente dos problemas dos galegos e das galegas”.
O secretario xeral do PSdeG dixo que “Galicia necesita dun goberno de progreso que atenda ás necesidades do país, aos problemas reais da sanidade pública, o emprego ou o despoboamento”, cuestións que “necesitan un proxecto de goberno e un presidente pendente dos problemas da xente”. Chamou así á mobilización dos galegos e galegas “que queren Galicia e que queren cumprir co país”.