Gonzalo Caballero comprométese a crear 2.000 prazas en residencias públicas de maiores

1 minutes read

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, comprometeuse a que un goberno liderado polo PSdeG garantirá residencias de maiores de carácter público nas cidades galegas dentro dun plan de novas políticas sociais que priorice a atención aos maiores. Así o dixo logo de manter un encontro coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a quen felicitou polo seu primeiro ano de mandato e a quen lle agradeceu o seu compromiso coas políticas sociais ao longo desta crise.

“faremos un escudo protector para a cidadanía e para os nosos maiores” con 2.000 prazas públicas en residencias para maiores na próxima lexislatura. Este compromiso estenderase ata 10.000 prazas en residencias públicas para maiores nun prazo de dez anos, situando a Galicia na senda de “recortar o déficit de residencias públicas que sinala a OMS”, dixo Gonzalo Caballero.