Gonzalo Caballero critica o plan de usos da Xunta para o Pazo de Meirás

O líder socialista afirma que “Branquea o franquismo e tenta ocultar a importancia de defender a memoria democrática”. Así o expresou tras acudir no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, á celebración do acto central co gallo do Día das Letras Galegas. Caballero puxo en valor o traballo desenvolvido ata o de agora polo goberno de España no eido xudicial para conseguir que o Pazo de Meirás “volvese ao público”. Ademais subliñou que o goberno, encabezado pola vicepresidenta primeira Carmen Calvo, “segue a traballar” para “pór en valor a memoria democrática” neste espazo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha