Gonzalo Caballero critica que Feijóo non compareza no Parlamento

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, criticou “a fuxida de Feijóo do Parlamento” para “non ter que explicar a súa xestión ante esta crise da covid-19”.

Aludiu así o máximo dirixente dos socialistas galegos ao acordo “subscrito por todos os grupos, tamén polo PP”, polo cal Feijóo tiña que comparecer este mércores na Cámara galega. “Feijóo amosa unha vez máis o que vale a súa palabra”, sentenciou Gonzalo Caballero sobre o pacto para manter activo o Parlamento mentres dure o estado de alarma.

Xunto co incumprimento da palabra de Feijóo, Gonzalo Caballero sinalou tamén a súa “falla de transparencia”. E é que, nos máis de dous meses dende o estado de alarma, Feijóo só compareceu “dúas veces” na Cámara para informar da situación e explicar as medidas tomadas dende a Xunta tanto para facer fronte ao virus como para empezar a perfilar a saída desta crise.

Declaracións do líder do PSdeG, Gonzalo Caballero.