0
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, criticou este luns “a dinámica de confrontación co goberno de España” que Feijóo está poñendo en marcha neste ano de eleccións en Galicia, toda vez que o está levando a utilizar “o Consello da Xunta como a xunta directiva do PP”. “Está chegando a puntos inusitados, con faltas de respecto e mentiras”, sinalou.
Neste punto, o líder dos socialistas galegos reprobou que Feijóo inclúa nesa “estratexia desesperada” a chegada do AVE a Galicia, unha infraestrutura coa que o goberno progresista está “comprometido” e que foi obxecto de “parálise e retrasos” durante a etapa de Mariano Rajoy e Ana Pastor, segundo desvelou o Tribunal de Cuentas.