Gonzalo Caballero demanda á Xunta un plan urxente ás eivas na sanidade e a política social

1 minutes read

O máximo dirixente do PSdeG chamou a “mudar” o sistema de contratación de profesionais sanitarios “por días ou por semanas” e a pasar a ofertar “estabilidade”, para así “darlle seguridade aos traballadores e ao propio sistema”. En paralelo, demandou que a Xunta prosiga coas compras de material que lle son propias e para as que ten recursos e conta tamén coa posibilidade de utilizar fondos europeos, así como apostar por aumentar o número de camas hospitalarias dispoñibles. Ademais, Caballero defendeu a contratación de persoal e a dotación de material para as residencias de maiores e de persoas con diversidade funcional, que atravesan “un escenario de alta complexidade” no que a Xunta ten que actuar “con dilixencia” para garantir a saúde dos profesionais e dos residentes.