Gonzalo Caballero denuncia a “irresponsabilidade” de Feijóo ao opoñerse ao estado de alarma

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, denunciou a “irresponsabilidade” amosada por Feijóo ao opoñerse a unha prórroga do estado de alarma, un mecanismo previsto na Constitución para afrontar epidemias e crises de saúde pública e que está sendo “útil e efectivo” para frear os contaxios da covid-19 e lamentou a “actitude irresponsable” de Feijóo ao “antepoñer os intereses do PP e de Pablo Casado á saúde da poboación” e esixiulle que aclare “cal é a súa estratexia” e a que “intereses ocultos” obedece.

O líder dos socialistas galegos sinalou que Feijóo pretende “liderar aos baróns do PP na estratexia de confrontación contra o goberno de España”, co obxectivo final de “derrocalo” da man da ultradereita de Vox. “É unha oposición irresponsable que quere chegar ao poder con atallos”, afirmou Gonzalo Caballero.