Gonzalo Caballero destaca as axudas de 38 millóns para Alcoa San Cibrao do goberno socialista

1 minutes read
  • O secretario xeral do PSdeG reprocha ao PP que “non fai máis que demagoxia” coa industria galega e destaca o goberno socialista como “un aliado de futuro”.

Gonzalo Caballero, estivo este mércores en Burela nun encontro co colectivo de enfermeir@s en loita e con persoal do 061 da Mariña de Lugo, así como con alcaldes e cargos do partido na bisbarra.

Dende alí, o líder dos socialistas galegos denunciou as “moitas dificultades” que padece a sanidade pública como consecuencia da política “de recortes, de precarización, de falla de orzamentos e de mala xestión” por parte de Feijóo.

Alí a voceira de Enfermeiras en Loita da Mariña, María José Franco, agradeceu a xuntanza con Gonzalo Caballero e lamentou que “temos que estar traballando 12 anos para poder conseguir unha praza”. “Hai que rematar coa taxa de reposición, porque é moi duro vivir nesta situación”, concluíu.

38 millóns para Alcoa

En paralelo, Gonzalo Caballero abordou a situación de Alcoa en San Cibrao, unha empresa con algo máis de 1.000 traballadores que recibiu 38 millóns de euros do goberno este ano para compensar os custes de emisión de CO2 e polas subastas de ininterrumpibilidade.

Tamén recordou que nos sete anos de Rajoy á fronte do goberno de España “non houbo compromiso coa industria galega, co estatuto para as empresas de consumo electrointensivo ou cun plan de reindustrialización”.

Concluíu que “a suma de Feijóo e Rajoy foi un suspenso rotundo en política industrial” e que “a mellor garantía para o apoio a este sector é un goberno socialista presidido por Pedro Sánchez”.