Gonzalo Caballero destaca o compromiso do goberno de España coa chegada do AVE

Cedida.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou este sábado o compromiso do goberno de España coas infraestruturas en Galicia e, especificamente, coa chegada do AVE prevista para o mes de decembro.

“Os e as socialistas cumprimos os compromisos con Galicia”, reivindicou Caballero logo de que o presidente do goberno, Pedro Sánchez, anunciase na Toxa que o AVE chegará a Galicia antes de que remate o ano, o que supón que “cumprimos cunha infraestrutura fundamental”.

Fronte a isto, recordou que “hai poucos meses o presidente da Xunta dicía que este secretario xeral mentía cando afirmaba que as obras do AVE ían estar rematadas neste ano”; cuestión que criticou logo de subliñar que foi o PP de Mariano Rajoy e Ana Pastor o que recortou nos investimentos desta infraestrutura. “Non fixeron máis que obstruír e dificultar”, sentenciou.

Neste senso, o líder do PSdeG destacou o papel do executivo central ao investir “todo o necesario” nesta infraestrutura, o que supuxo que “non houbo ningún retraso derivado da tarefa do goberno presidido por Pedro Sánchez na chegada do AVE a Galicia”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha