Gonzalo Caballero destaca que “con lealdade e con unidade, o Partido Socialista é imparable”


O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, proclamou este sábado na Coruña que “con unidade e con lealdade, o Partido Socialista é imparable”. “Estamos en condicións”, salientou, “de seguir remando con forza para volver colleitar resultados históricos en Galicia nas eleccións municipais e xerais que se celebrarán en 2023”. Para iso, remarcou, “temos que seguir pendentes dos problemas do país e da xente, reactivando e adaptando o noso proxecto aos novos tempos, pero sempre sendo un instrumento útil aos galegos e ás galegas”. Gonzalo Caballero realizou estas declaracións no reitorado da Universidade da Coruña, durante o acto de presentación do libro ‘Un viaje a la historia del socialismo coruñés del siglo XX y XXI’. Reafirmou a súa vontade de “seguir traballando por unha Galicia de progreso e de modernidade”, e manifestou a súa confianza plena “no meu partido e na militancia do PSdeG”.