O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, apelou este domingo na Coruña á “dinámica de progreso” que existe en Galicia, como quedou patente nas últimas citas coas urnas, para construír a partir do vindeiro 10 de novembro un goberno progresista “sólido e con maioría suficiente”.
“Non podemos permitir non votar fronte ao risco que supón o pacto da dereita coa ultradereita. Cun Casado que non é competente, nin ten a formación que din os seus títulos, nin loita contra a corrupción do PP, e que vai ser o títere de Abascal”, sentenciou Gonzalo Caballero, consciente de que todo pode decidirse “por un voto”.
E, despois de que Gonzalo Caballero puxese en valor a estratexia de “transición ecolóxica xusta” do goberno de España, que permite loitar contra o cambio climático manténdose ao lado dos traballadores, Pedro Sánchez asegurou que o seu goberno “no dejará a nadie atrás”, sino que “defenderá, apoyará y dará oportunidades a las comarcas que están sufriendo el cambio de modelo energético”.
Do mesmo xeito, o presidente Pedro Sánchez recalcou que o seu goberno “cumple con Galicia”, tamén no que atinxe á chegada da alta velocidade ferroviaria a esta comunidade. “Y dentro de poco estará Gonzalo como presidente para aprovechar el enorme caudal de oportunidades que representará el AVE para multiplicar la prosperidad y el progreso de esta tierra”, concluíu.
Ademais, Gonzalo Caballero destacou que Pedro Sánchez “cumpriu” ao retirar ao ditador dun mausoleo concibido para a súa exaltación. “Era unha páxina pendente na historia do país e hoxe temos unha democracia máis perfecta”, celebrou o máximo dirixente do PSdeG.
