41
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, denunciou “unha nova improvisación” de Feijóo no que atinxe á loita contra a pandemia ao convocar dous días antes do Nadal ás policías locais das cidades “saltándose aos alcaldes”, que son realmente os responsables destes corpos. Gonzalo Caballero pediu “responsabilidade e cooperación de todas as administracións, comezando pola Xunta”, e chamou tamén “á prudencia e á sensatez ao conxunto da cidadanía” na batalla contra o virus tamén no Nadal. Ademais, volveu ofrecer a Feijóo a man do PSdeG para loitar contra a pandemia.