O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, censurou o novo sistema de xestión da atención primaria que vén de anunciar o goberno galego, polo que persoal de administración dos centros de saúde atende as chamadas e discrimina se corresponde unha atención médica telefónica ou presencial. “O que Galicia necesita é unha aposta pola sanidade pública”, afirmou o dirixente socialista, quen subliñou que “a Xunta quere depositar a sanidade pública nun call center”. Caballero fixo “un chamamento á sociedade galega e aos defensores da sanidade pública, para que non permitamos que Feijóo a siga debilitando, do mesmo xeito que a atención primaria”. Ademais, instou a Feijóo a contratar máis profesionais. “Precisamos que saian 5.000 novas prazas estables ao longo da lexislatura e non permitir máis retrocesos”, concluíu.
36