Gonzalo Caballero, illado, aínda que con PCR negativa

0 minutes read

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, permanecerá illado, seguindo o protocolo, estará 48 horas sen contactos tras unha PCR negativa precedida de febre e outras molestias. El mesmo describe a súa situación na súa conta oficial de Twitter, nunha mensaxe colgada na tarde deste mércores: «Estiven onte con febre e outras molestias, e fixéronme unha PCR que deu negativo, pero seguindo o protocolo debo estar 48 horas sen contactos». «Estou ben pero debo quedar na casa», especifica, e con iso anuncia que non estará presente na constitución das comisións do Parlamento.